|
XOVES 2 |
VENRES 3 |
SÁBADO 4 |
DOMINGO 5 |
08.00 |
|
TAI CHI, CHI KUNG, IOGA |
09.00 |
ALMORZO |
10.00 |
OBRADOIROS:RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETEROPATRIARCADO
BIOCONSTRUCIÓN |
BIOCONSTRUCION
PAN, EMPANADAS E PIZZASINTRODUCCIÓN Á CESTEIRIA
CONSTRUCIÓN DUN BAÑO SECO PORTATIL |
DANZA AFRICANA:
RITMO
EQUILIBRIO
E
DESINHIBICION |
12.30 |
AFIADO DE MOTOSERRAS E MACHADAS
DANZAS DO MUNDOMALABARES
XOGOS |
AFIADO DE MOTOSERRAS EMACHADAS
DANZAS DO MUNDO
MALABARES
XOGOS |
|
14.00 |
XANTAR E DIXESTIÓN |
16.30 |
RECEPCIÓN E ACOLLIDA |
FOROS DE DEBATE:-EDUCACIÓN: “AS OUTRAS ESCOLAS”-
-AGROECOLOXIA E MONTES VECIÑAIS
XOGOS E ACTIVIDADES PARA AS CATIVAS |
FOROS DE DEBATE- Á PROCURA DOUTRAS RELACIÓNS
ECONOMICASTTIP TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-USA
FORO
BIOCONSTRUCION
XOGOS E ACTIVIDADES PARA AS CATIVAS |
RESUMO DE CONCLUSIÓNS/PROPOSTAS E
FESTIÑA DE ATA PRONTO COA ACTUACIÓN DE PAN DE CAPAZO |
18.30 |
MERENDA ( para as que están a medrar ) |
19.30 |
ASAMBLEA DE ORGANIZACIÓN |
ASAMBLEA ORQX |
ASAMBLEA ORQX |
|
21.30 |
CEA |
|
22.30 |
PRESENTACION E TERTULIA DAS INICIATIVAS DESAUMEDE |
MUSICA , TEATRO,… |
O RURAL QUERE FESTA |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONTIDOS: Polo momento esta confirmado todo isto, ainda que hai espazo par que se vaian incorporando máis actividades:
ASAMBLEAS
No primeiro momento cómpre organizar os grupos e quendas de traballo (cociña, limpeza etc) nunha primeira asamblea organizativa. Pódense presentar as distintas actividades programadas e incorporar as que xurdan no último momento.
A primeira noite a xente de Saumede contaranos en qué consiste a súa iniciativa.
Nas asambleas sucesivas de ORQX a idea é facer unha posta en común das actividades que tiveran lugar ó longo do día e a presentación das propostas de actuación que saian de cada unha delas, que se someterán a debate. Ademáis intentaremos que as asambleas sirvan para seguir avanzando na construción e a dinamización da Rede.
RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETERO PATRIARCADO
Espazo para a expresión de diferentes ópticas que poidan existir sobre esta temática. A consecuencia debería ser unha toma de conciencia que permita abordar cambios, tanto a nivel de actitudes persoais como a nivel de accións sociais. Parécenos interesante abordar este tema contextualizándoo nas particulares condicións que se dan no medio rural neste país.
Máximo 35 persoas.
Á PROCURA DOUTRAS RELACIÓNS ECONOMICAS
Espazo para a reflexión e a elaboración de propostas entre a xente que participa ou ten interese nas diversas iniciativas que estan a traballar neste senso: mercados agroecoloxicos, sellos participativos, redes de troco e moedas sociais, etc.
AS OUTRAS ESCOLAS
Espazo para o encontro e a posta en común entre xentes que participan ou están por acercarse a estas iniciativas.
AGROECOLOXIA NOS MONTES VECIÑAIS
Dende sempre o monte foi fonte de recursos cos que cubrir as necesidades das comunidades humanas (vivenda, alimentos, calor…). Hoxe as comunidades veciñais de monte en man común son as propietarias do 30% do monte galego e de forma asamblearia xestionan o seu aproveitamento, e existen moitas iniciativas que se basean nos referentes agroecoloxicos na súa xestión.
TRATADO DE LIBRE COMERCIO USA-EU (T.T.I.P.)
Moitos dos males que sufre noso rural teñen a súa orixe nos grandes intereses das grades compañías transnacionais que, dende os grades centros de poder, se alimentan do expolio dos recursos e a explotación das xentes da periferia (rural, barrios, sur…). Dende o poder político están a poñerlles a alfombra vermella co tratado que negocian de costas a nós.
OBRADOIRO DE HORTA
OBRADOIRO DE PANADERÍA
Faremos empanadas, pizzas e cousas ricas.
OBRADOIROS DE BIOCONSTRUCIÓN.
A maiores de aprender técnicas, axudamos a restaurar Saumede. Grupos de aprox. 8 persoas.
CONSTRUCIÓN DE BAÑO SECO PORTATIL
Na mesma liña que o anterior.
AFIADO DE MOTOSERRAS E MACHADAS
Quen queira que traia a ferramenta.
MALABARES, DANZAS,XOGOS,… Para cambiar o mundo
TEATRO, MÚSICA E CULTURA REVOLUCIONARIA
– Para desenvolver este programa contamos cos espazos xa habilitados polas compas de Saumede máis os que prepare a avazadiña que chegue antes. Xa sabedes, quen poida que non o dubide.
– Os cartos veñen das inscricións, da cantina e do pucho máxico. No asunto das comidas repetimos esquema e contamos coas achegas de todas.
– É importante que as persoas que teñan pensado asistir se inscriban para facer máis doada a organización. A única referencia que temos sobre o número posible de participantes é a listaxe de inscricións.