Uncategorized

Cambio de páxina

Vice_President_Dick_Cheney_and_Mrs._Lynne_Cheney_join_Catholic_clergy_as_they_wave_goodbye_to_Pope_Benedict_XVI

Xa temos a “nova” páxina en funcionamento, cando entredes vaivos dar un aviso de seguridade, tedes que aceptar e listo:

https://www.oruralquerexente.net

A partir de agora vanse a publicar no novo enderezo as novas, encontros, inscricións,…tamén puxemos en marcha uns foros para seguir traballando na nosa ansiada rede no tempo entre encontros. Apertas e vémonos alí.

PROGRAMA CONFIRMADO E ABERTO DE ENCONTRO DE SAUMEDE

XOVES 2 VENRES 3 SÁBADO 4 DOMINGO 5
08.00 TAI CHI, CHI KUNG, IOGA
09.00 ALMORZO
10.00 OBRADOIROS:RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETEROPATRIARCADO

BIOCONSTRUCIÓN

BIOCONSTRUCION

PAN, EMPANADAS E PIZZASINTRODUCCIÓN Á CESTEIRIA

CONSTRUCIÓN DUN BAÑO SECO PORTATIL

DANZA AFRICANA:

RITMO

EQUILIBRIO

E

DESINHIBICION

12.30 AFIADO DE MOTOSERRAS E MACHADAS

DANZAS DO MUNDOMALABARES

XOGOS

AFIADO DE MOTOSERRAS EMACHADAS

DANZAS DO MUNDO

MALABARES

XOGOS

14.00 XANTAR E DIXESTIÓN
16.30 RECEPCIÓN E ACOLLIDA FOROS DE DEBATE:-EDUCACIÓN: “AS OUTRAS ESCOLAS”-

-AGROECOLOXIA E MONTES VECIÑAIS

XOGOS E ACTIVIDADES PARA AS CATIVAS

FOROS DE DEBATE- Á PROCURA DOUTRAS RELACIÓNS

ECONOMICASTTIP TRATADO DE LIBRE COMERCIO UE-USA

FORO

BIOCONSTRUCION

XOGOS E ACTIVIDADES PARA AS CATIVAS

RESUMO DE CONCLUSIÓNS/PROPOSTAS E

FESTIÑA DE ATA PRONTO COA ACTUACIÓN DE PAN DE CAPAZO

18.30 MERENDA ( para as que están a medrar )
19.30 ASAMBLEA DE ORGANIZACIÓN ASAMBLEA ORQX ASAMBLEA ORQX
21.30 CEA
22.30 PRESENTACION E TERTULIA DAS INICIATIVAS DESAUMEDE MUSICA , TEATRO,… O RURAL QUERE FESTA

CONTIDOS: Polo momento esta confirmado todo isto, ainda que hai espazo par que se vaian incorporando máis actividades:

ASAMBLEAS

No primeiro momento cómpre organizar os grupos e quendas de traballo (cociña, limpeza etc) nunha primeira asamblea organizativa. Pódense presentar as distintas actividades programadas e incorporar as que xurdan no último momento.

A primeira noite a xente de Saumede contaranos en qué consiste a súa iniciativa.

Nas asambleas sucesivas de ORQX a idea é facer unha posta en común das actividades que tiveran lugar ó longo do día e a presentación das propostas de actuación que saian de cada unha delas, que se someterán a debate. Ademáis intentaremos que as asambleas sirvan para seguir avanzando na construción e a dinamización da Rede.

RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETERO PATRIARCADO

Espazo para a expresión de diferentes ópticas que poidan existir sobre esta temática. A consecuencia debería ser unha toma de conciencia que permita abordar cambios, tanto a nivel de actitudes persoais como a nivel de accións sociais. Parécenos interesante abordar este tema contextualizándoo nas particulares condicións que se dan no medio rural neste país.

Máximo 35 persoas.

Á PROCURA DOUTRAS RELACIÓNS ECONOMICAS

Espazo para a reflexión e a elaboración de propostas entre a xente que participa ou ten interese nas diversas iniciativas que estan a traballar neste senso: mercados agroecoloxicos, sellos participativos, redes de troco e moedas sociais, etc.

AS OUTRAS ESCOLAS

Espazo para o encontro e a posta en común entre xentes que participan ou están por acercarse a estas iniciativas.

AGROECOLOXIA NOS MONTES VECIÑAIS

Dende sempre o monte foi fonte de recursos cos que cubrir as necesidades das comunidades humanas (vivenda, alimentos, calor…). Hoxe as comunidades veciñais de monte en man común son as propietarias do 30% do monte galego e de forma asamblearia xestionan o seu aproveitamento, e existen moitas iniciativas que se basean nos referentes agroecoloxicos na súa xestión.

TRATADO DE LIBRE COMERCIO USA-EU (T.T.I.P.)

Moitos dos males que sufre noso rural teñen a súa orixe nos grandes intereses das grades compañías transnacionais que, dende os grades centros de poder, se alimentan do expolio dos recursos e a explotación das xentes da periferia (rural, barrios, sur…). Dende o poder político están a poñerlles a alfombra vermella co tratado que negocian de costas a nós.

OBRADOIRO DE HORTA

OBRADOIRO DE PANADERÍA

Faremos empanadas, pizzas e cousas ricas.

OBRADOIROS DE BIOCONSTRUCIÓN.

A maiores de aprender técnicas, axudamos a restaurar Saumede. Grupos de aprox. 8 persoas.

CONSTRUCIÓN DE BAÑO SECO PORTATIL

Na mesma liña que o anterior.

AFIADO DE MOTOSERRAS E MACHADAS

Quen queira que traia a ferramenta.

MALABARES, DANZAS,XOGOS,… Para cambiar o mundo

TEATRO, MÚSICA E CULTURA REVOLUCIONARIA

– Para desenvolver este programa contamos cos espazos xa habilitados polas compas de Saumede máis os que prepare a avazadiña que chegue antes. Xa sabedes, quen poida que non o dubide.

– Os cartos veñen das inscricións, da cantina e do pucho máxico. No asunto das comidas repetimos esquema e contamos coas achegas de todas.

– É importante que as persoas que teñan pensado asistir se inscriban para facer máis doada a organización. A única referencia que temos sobre o número posible de participantes é a listaxe de inscricións.

Guía de recursos: Como facermos un rural xusto e ecolóxico.

Dende a Cova da terra mandanos esta guia:

Xa subimos á web a guía de recursos de emprendemento rural sustentable para que todas e todos poidades facer uso dela de balde. Foi o material que entregamos a cada unha das persoas participantes nos obradoiros que fixemos ao longo deste ano. Agardamos que desfrutedes del e que vos sexa de axuda.

cartel
Lembrade que no Centro de Recursos Kandaharia tedes un exemplar físico que podedes consultar no propio local ou levalo en préstamo.
Podedes descargala premendo na lapela que tedes á marxe esquerda: Documentos – Cova da Terra – Como facermos un rural xusto e ecolóxico. Tamén, premendo directamente aquí.

Fonte: http://www.covadaterra.org

* Sentimos a baixa resolución do pdf. Se estás interesad@ nun formato de calidade superior, escribe a educacioncovadaterra@yahoo.es e intentaremos facercha chegar.