|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
CONTIDOS: Polo momento esta confirmado todo isto, ainda que hai espazo par que se vaian incorporando máis actividades:
ASAMBLEAS
No primeiro momento cómpre organizar os grupos e quendas de traballo (cociña, limpeza etc) nunha primeira asamblea organizativa. Pódense presentar as distintas actividades programadas e incorporar as que xurdan no último momento.
A primeira noite a xente de Saumede contaranos en qué consiste a súa iniciativa.
Nas asambleas sucesivas de ORQX a idea é facer unha posta en común das actividades que tiveran lugar ó longo do día e a presentación das propostas de actuación que saian de cada unha delas, que se someterán a debate. Ademáis intentaremos que as asambleas sirvan para seguir avanzando na construción e a dinamización da Rede.
RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETERO PATRIARCADO
Espazo para a expresión de diferentes ópticas que poidan existir sobre esta temática. A consecuencia debería ser unha toma de conciencia que permita abordar cambios, tanto a nivel de actitudes persoais como a nivel de accións sociais. Parécenos interesante abordar este tema contextualizándoo nas particulares condicións que se dan no medio rural neste país.
Máximo 35 persoas.
Á PROCURA DOUTRAS RELACIÓNS ECONOMICAS
Espazo para a reflexión e a elaboración de propostas entre a xente que participa ou ten interese nas diversas iniciativas que estan a traballar neste senso: mercados agroecoloxicos, sellos participativos, redes de troco e moedas sociais, etc.
AS OUTRAS ESCOLAS
Espazo para o encontro e a posta en común entre xentes que participan ou están por acercarse a estas iniciativas.
AGROECOLOXIA NOS MONTES VECIÑAIS
Dende sempre o monte foi fonte de recursos cos que cubrir as necesidades das comunidades humanas (vivenda, alimentos, calor…). Hoxe as comunidades veciñais de monte en man común son as propietarias do 30% do monte galego e de forma asamblearia xestionan o seu aproveitamento, e existen moitas iniciativas que se basean nos referentes agroecoloxicos na súa xestión.
TRATADO DE LIBRE COMERCIO USA-EU (T.T.I.P.)
Moitos dos males que sufre noso rural teñen a súa orixe nos grandes intereses das grades compañías transnacionais que, dende os grades centros de poder, se alimentan do expolio dos recursos e a explotación das xentes da periferia (rural, barrios, sur…). Dende o poder político están a poñerlles a alfombra vermella co tratado que negocian de costas a nós.
OBRADOIRO DE HORTA
OBRADOIRO DE PANADERÍA
Faremos empanadas, pizzas e cousas ricas.
OBRADOIROS DE BIOCONSTRUCIÓN.
A maiores de aprender técnicas, axudamos a restaurar Saumede. Grupos de aprox. 8 persoas.
CONSTRUCIÓN DE BAÑO SECO PORTATIL
Na mesma liña que o anterior.
AFIADO DE MOTOSERRAS E MACHADAS
Quen queira que traia a ferramenta.
MALABARES, DANZAS,XOGOS,… Para cambiar o mundo
TEATRO, MÚSICA E CULTURA REVOLUCIONARIA
– Para desenvolver este programa contamos cos espazos xa habilitados polas compas de Saumede máis os que prepare a avazadiña que chegue antes. Xa sabedes, quen poida que non o dubide.
– Os cartos veñen das inscricións, da cantina e do pucho máxico. No asunto das comidas repetimos esquema e contamos coas achegas de todas.
– É importante que as persoas que teñan pensado asistir se inscriban para facer máis doada a organización. A única referencia que temos sobre o número posible de participantes é a listaxe de inscricións.